Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A14 A17 A21 B1 B3 B5 C4 C8 En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
50
Proba mixta A1 A5 A8 A14 A21 B1 B5 C4 - Nas preguntas tipo test, definiranse diversas alternativas de resposta onde só unha será a correcta. Penalizaranse os erros nas respostas.

- Nas preguntas de resposta aberta, valorarase a precisión e claridade nas respostas, de tal xeito que o estudante amose un axeitado dominio e comprensión dos contidos avaliados.
50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (50%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC:

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado asistente (opción A):

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta).

2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio/xuño (1ª oportunidade). 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

3. Segundo
o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
“A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes