Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumno a unha cuestión que se lle prantexe sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da materia, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración.
20
Seminario A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 A20 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa por parte do alumno dos textos e a elaboración polo mesmo de 3 comentarios (sobre os 5 fragmentos que se lle ofrecerán e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), farase do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, con unha puntuación total máxima de 3 ptos. (1 pto. de cualificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asistencia e participación do alumno nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualificación máxima de 1 pto. 40
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A8 A11 A20 B1 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sesións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno terá que demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios. 0
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A14 B1 B2 B5 B6 C1 C4 C6 C8 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa cualificación máxima será tamén de 2 ptos. 40
 
Observacións avaliación

Esquema de reparto da avaliación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.):


a) PROBA MIXTA.- a súa cualificación máxima será de 4 ptos. Deles 2 corresponderán ó comentario e 2 á cuestión teórica.


b) SEMINARIO.- 4 ptos. de cualificación máxima. Deles 3 corresponderán ós 3 comentarios que o alumno terá que entregar (1 pto. por comentario) e 1 á valoración da asistencia e participación na aula.


c) LECTURAS.- 2 ptos. de cualificación máxima. Cualificarase por medio da resposta do alumno a unha cuestión que, a partir dun fragmento da obra elexida, lle sexa prantexada. O alumno respostará xunto coa proba mixta pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.-).


Na segunda oportunidade (Xullo) manteñense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula distribuirase entre as outras tres cualificacións parciais, segundo a súa aportación proporcional á cualificación global.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes