Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación e medios de comunicación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A5 A11 B1 C6 C8 Elexirase un texto sobre educación mediática en libros ou revistas de referencia para preparar e expoñer na aula as ideas mais relevantes e a súa aplicación práctica como educadora e educador social. 30
Presentación oral A15 B1 B5 B6 C1 C3 Presentaranse os traballos tutelados levados a cabo durante a participación no obradoiro, consistentes na posta en marcha dun proxecto de educación mediática no que se analizan e crean produtos mediáticos relacionados coa educación para a cidadanía global. Na presentación haberá que demostrar a capacidade de conectar os conceptos básicos da educación mediática coa proxección de actividades prácticas de análise e creación de medios de comunicación.


70
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo de avaliación descrita. A materia poderá superarse obtendo un 5 na presentación oral. De non superar a materia na 1º oportunidade haberá que repetir a presentación oral de forma individual na 2º oportunidade.

Os estudantes que non asistan de manera xustificada ao 80% das clases terán que realizar unha proba oral sobre os contidos da materia.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a
tempo parcial como a dispensa académica especial terán que acollerse a unha ou outra das formas de avaliación descritas.

AVISO

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a
falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará como
suspenso ou non presentado nesta oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes