Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía Código 652G03038
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://http://www.udc.es/dep/pdce/Cata/
Descrición xeral O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para situar a Educación para a Paz, a resolución de conflitos, e a condición cidadá no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa: un marco amplo, complexo e dinámico que transcende non só a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, senón tamén outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción socio-cultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas institucións do Estado. Este grande marco sitúase, a súa quenda, dentro dun contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Así mesmo, todo este panorama humano existe nun mundo con recursos naturais finitos. Neste escenario mundial tan interdependente e complexo, entón, a conflitividade xurde desde os desequilibrios de poder entre colectivos con intereses diverxentes. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia e o dano xurden das formas en que ditos conflitos son abordados. Se son intervenidos de xeito pacífico poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar unha harmonía cosmopolita entre persoas e colectivos multiculturais, movementos migratorios, loitas polos dereitos humanos, e vivenzas desde a diversidade de crenzas relixiosas, identidades de xénero, falas e prácticas étnicas deste mundo. Educar para a paz neste marco "glocal" de convivencia require, máis ben, dun labor relacional e transversal que emerxe e participa de múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe aspirar a incidir neles. Require, polo tanto, dunha orientación sobre as relacións humanas que sexa tanto interpersoal como intergrupal e colectivo-global. Por extensión, a súa pedagoxía abranga, por unha banda, contidos e temas curriculares reveladores, con connotacións éticas, afectivas e/ou controvertidas, e por outra banda, procesos organizativos e didácticos colaborativos, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Nesta materia abordaremos o significado destas cuestións para pór en marcha unha pedagoxía da paz realizada tanto desde a institución educativa como desde outros ámbitos de animación sociocultural, pero que se proxecte máis alá dos mesmos.
Plan de continxencia En caso dunha suspensión temporal da presencialidade na Universidade da Coruña, tomaranse as medidas a seguir: 1. Modificacións nos contidos: Ningunha. 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas manteranse menos a asistencia á aula física. No seu lugar, o alumnado participará ou ben directamente nas sesións gravadas da plataforma virtual de Teams, ou ben indirectamente mediante o Foro virtual da plataforma de Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Esta atención canalizarase por correo electrónico, por Teams, por Moodle ou por teléfono, podéndose concertar citas por estes medios. 4. Modificacións na avaliación: A "participación oral" do alumnado canalizarase a través das sesións telemáticas de Teams ou de Moodle (mediante gravacións ou en directo). Contará a calidade máis que a frecuencia desa participación. De xeito excepcional, o alumnado que rara vez ou nunca asiste a clase realizará un exame e entregará unha das actividades de avaliación indicadas nesta Guía docente. Neste caso, o exame pesará ou ben o 40% ou ben o 60% da cualificación final, segundo o tipo de actividade entregado. Pero se non se entrega actividade ningunha, o exame pesará a totalidade da cualificación. A/O estudante pode decidir sobre o peso do exame mediante ditas opcións de entrega. O exame será de desenvolvemento, con apuntes, e realizado por Teams durante o período establecido pola profesora. Excepcionalmente, o alumnado non-asistente pode realizar tarefas alternativas ao exame que serán determinadas pola profesora (se se estima aconsellábel esta opción). Manteranse estas mesmas adaptacións durante a segunda oportunidade. A presentación oral realizarase telematicamente ou por teléfono, e durará uns 10-15 minutos, aproximadamente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes