Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía Código 652G03038
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://Véxanse máis detalles sobre esta materia na plataforma do Campus Virtual da UDC.
Descrición xeral Véxanse máis detalles sobre esta materia na plataforma do Campus Virtual da UDC. (This is an "English Friendly" course. Please see the English tab, above.) O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para situar a Educación para a Paz, a resolución de conflitos, e a condición cidadá no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa: un marco amplo, complexo e dinámico que transcende non só a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, senón tamén outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción socio-cultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas institucións do Estado. Este grande marco sitúase, a súa quenda, dentro dun contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Así mesmo, todo este panorama humano existe nun mundo con recursos naturais finitos. Neste escenario mundial tan interdependente e complexo, entón, a conflitividade xurde desde os desequilibrios de poder entre colectivos con intereses diverxentes. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia e o dano xurden das formas en que ditos conflitos son abordados. Se son intervenidos de xeito pacífico poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar unha harmonía cosmopolita entre persoas e colectivos multiculturais, movementos migratorios, loitas polos dereitos humanos, e vivenzas desde a diversidade de crenzas relixiosas, identidades de xénero, falas e prácticas étnicas deste mundo. Educar para a paz neste marco "glocal" de convivencia require, máis ben, dun labor relacional e transversal que emerxe e participa de múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe aspirar a incidir neles. Require, polo tanto, dunha orientación sobre as relacións humanas que sexa tanto interpersoal como intergrupal e colectivo-global. Por extensión, a súa pedagoxía abranga, por unha banda, contidos e temas curriculares reveladores, con connotacións éticas, afectivas e/ou controvertidas, e por outra banda, procesos organizativos e didácticos colaborativos, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Nesta materia abordaremos o significado destas cuestións para pór en marcha unha pedagoxía da paz realizada tanto desde a institución educativa como desde outros ámbitos de animación sociocultural, pero que se proxecte máis alá dos mesmos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes