Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Publicación de informacións impresas e audiovisuais na plataforma Moodle, e partcipación do estudantado no mesmo mediante as súas recomendacións propias respecto a outros recursos impresos e audiovisuais. Comunicación mediante o foro dixital da plataforma Moodle (envíos de emails e foro colectivo).
Discusión dirixida Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Estudo de casos Metodoloxía na que se analiza unha situación específica cun problema a ser entendida e valorada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión, e posteriormente (e hipoteticamente) intervida. Estes casos xurdirán nas clases interactivas ou nalgún dos libros seleccionados polos micro-grupos.
Lecturas Lectura e análise dos documentos incluídos no Dossier de Lecturas, para traballar a materia.
A maiores das breves lecturas do Dossier, cada micro-grupo de estudantes seleccionará un libro (de entre máis de 60 títulos), do que terá que ler polo menos 100 páxinas e preparar unha presentación oral do mesmo perante o grupo-clase.
Presentación oral Exposición grupal do libro escollido polo micro-grupo. A presentación durará un máximo de 20 minutos e terá lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio.
Sesión maxistral Exposición oral, por parte da docente, co apoio de recursos audiovisuais, dos contidos relacionados co temario da materia.
Traballos tutelados Realización individual, ou en parella, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas en clase. Dito traballo consistirá no deseño dunha intervención pedagóxica baseada na análise e aplicación dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre.

Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (rascuños/borradores).

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. Forman parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación Social".
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes