Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A2 A5 A10 A14 B1 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 Na presentación participarán todos os membros do grupo. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar a presentación en grupo.

Cada presentación durará un máximo de 20 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade expositiva.
---------------------------------------------------
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A13 A15 A16 A21 B2 B4 C1 C2 C3 O traballo será en parella ou individual, e terá como prazo de entrega o día do exame final. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar o traballo.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase coa debida regularidade. Para que as dúas actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha delas (presentación oral e traballo).

Quen non acada os mínimos de puntuación nalgunha destas dúas actividades de avaliación, pero asiste a clase coa debida regularidade, terá que presentarse ao exame final dentro das oportunidades dispoñíbeis. Neste caso o exame valeralle o 100% da cualificación. Así mesmo, no caso de acadar unha puntuación máis alta no exame que nas outras actividades xuntas, primará a puntuación do exame.

A presentación oral e os traballos tutelados non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son traballos elaborados a través da asistencia a clase.

Quen non asiste a clase coa debida regularidade terá que presentarse a un exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.

O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes