Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A2 A5 A10 A14 B1 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 Na presentación participarán todas as/os integrantes do grupo. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar a presentación en grupo.

Cada presentación durará un máximo de 20 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade expositiva.
---------------------------------------------------
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A13 A15 A16 A21 B2 B4 C1 C2 C3 O traballo será en parella ou individual, e terá como prazo de entrega o día do exame final. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar o traballo.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase coa debida regularidade. Para que as dúas actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha delas (presentación oral e traballo). 

Quen non obteña os mínimos de puntuación nalgunha destas dúas actividades de avaliación, pero asiste a clase coa debida regularidade, terá que presentarse ao exame final dentro das oportunidades dispoñíbeis. Neste caso o exame valeralle o 100% da cualificación. Así mesmo, no caso de obter unha puntuación máis alta no exame que nas outras actividades xuntas, primará a puntuación do exame. Se, asistindo a clase regularmente, se suspende unha das actividades, cabe a posibilidade de recuperar a actividade suspendida na segunda oportunidade sen ter que presentarse ao exame, pero esta posibilidade constitúe unha excepción que dependerá da valoración que faga a profesora das circunstancias concretas de cada caso. 

A presentación oral e os traballos tutelados non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son traballos elaborados a través da asistencia a clase e en grupo. 

Quen non asista a clase coa debida regularidade terá que presentarse a un exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.  O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes