Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais. No caso de que a sesión se realice de xeito presencial ou virtual (síncrona), introduciranse cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos “contidos de aprendizaxe”, introducindo teóricamente os temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase coas actividades prácticas, que se desenvolverán nas sesión interactivas, a través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, estudo de casos, obradoiro...)
Proba mixta Proba escrita para a avaliación continua das aprendizaxes, que se subdividirá en tres partes/momentos, correspondentes á finalización de cada un dos bloques de contidos. As tres probas, conxuntamente, equivalen ao "exame final da materia".

Polo tanto, únicamente as persoas que non cumpran cos criterios especificados no apartado de avaliación terán que presentarse a un exame final que aúne todos os contidos, e cuxa data está fixada por Xunta de Facultade.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional, ou na que se tomarán experiencias do alumnado (Prácticum I e II) para analizar críticamente unha realidade. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais e outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o nº de participantes a determinar, segundo o alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Obradoiro Modalidade formativa que será combinada con outras metodoloxías (estudo de casos, análise de fontes documentais, simulacións...) para tentar ofrecer unha aplicación práctica ás aprendizaxes a través do desenvolvemento de tarefas prácticas sobre un tema específico, sendo supervisado e apoiado pola docente.

Tamén poderá estar presente nos debates e discusións dirixidas a invitación de profesionais do campo da Educación Social para abordar cuestións relativas á avaliación e o diagnóstico no contexto de institucións socioeducativas.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:

(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.

(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;

(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da educador/a social como avaliador/a.
Simulación Nas sesións interativas, levarase a cabo a representación de fenómenos hipotéticos equivalentes aos que se poderán atopar no seu futuro profesional para o seu análise sixelo, nun contexto de aula, tentando que o alumnado poña a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Portafolios do alumno Trátase dun documento que elaborará o alumnado (individual ou grupalmente) reflectindo todos os aprendizaxes adquiridos nas sesións prácticas. Non se trata de presentar os resultados das actividadades, senón de reflexionar e afondar na aprendizaxe adquirida en base a eles.
Poderase empregar un formato tradicional (documento en pdf) ou utilizar os recursos TIC para presentar o traballo nun formato e-portafolio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes