Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 Proba na que se valorará de forma progresiva a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura.

Realizarase en tres partes/momentos, incorporando en cada unha das probas contidos relativos ao bloque finalizado. A proba atenderá a todos os contidos abordados en cada parte da materia (clases expositivas + clases interactivas).

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple, asociación e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas de asociación: so sumarán os acertos. Os erros non descontarán.

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.


As probas poderán ser realizadas a través do Campus Virtual, pero estando o alumnado presencialmente na aula, polo que será requerido que o alumnado dispoña dalgún dispositivo para poder levar a cabo a proba.
30
Portafolios do alumno A21 B1 B2 B6 C1 C6 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, obradoiro, análise de fontes documentais) realizaranse, eminentemente, nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O documento final que se entregará poderá ser en formato pdf ou ben empregando a modalidade de e-portafolio. En calquera caso, deberá conter os seguintes elementos:

- Presentación do portafolio (incluindo "portada" e nomes dos integrantes dogrupo, introducción ao portafolio e á súa estrutura, e calquera outro aspectos relevante para darse a conocer ao lector)

- Portada (institucional) e índice paxinado

- Actividades: cada unha das actividades traballadas deberá conter (a) introducción fundamentada, (b) resultados acadados e (c) reflexión sobre a práctica.

- Reflexión final sobre o conxunto da materia (contidos teóricos, prácticas, interaccións...). Débense contemplar os seguintes aspectos: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo.

A avaliación das aprendizaxes mediante esta metodoloxía levarase a cabo a través de rúbricas deseñadas para cada unha das actividades e que se porán a disposición do alumnado antes da realización de cada actividade.
70
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

o   Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesións prácticas.

o  Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de
asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e
aproveitamento do tempo de clase.

o   Realizar todas as actividades obrigatorias que
computan na avaliación final da materia; isto é: a proba mixta (tests dos
bloques de contidos 1, 2 e 3) e o portafolio.

o   Acadar o 50% da calificación en cada unha das
metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a
modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o
50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.
 
o   Axustarse ás datas de entrega sinaladas no
calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de
prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo
tanto, suporán unha calificación final de suspenso.

o   Realizar as actividades propostas, aproveitando
e optimizando o tempo que se destina na aula.

o   Realizar traballos
de carácter orixinal. O inclumprimento das normas éticas na realización de
traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na mesma e, polo
tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo ningunha
circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos doutras
fontes que non foran debidamente citadas.
 

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado:

 

o   Avaliación continua: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80% das sesións prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de dispensa académica (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

-      Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise de fontes documentais, estudos de caso, simulación) que será revisado pola profesora e incorporado ao portafolio da asignatura, así como das avaliacións (tests) realizadas a través da metodoloxía de "proba mixta" que se desenvolverá ao longo do cuadrimestre. 

-      Alumnado con recoñecemento de dispensa académica (a solicitar na Administración do centro): atendiendo á norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaluación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 70%) e a avaliación final por medio da proba mixta (30%), sempre e cando non lle sexa posible someterse ás avaliacións continuas baixo a modalidade de "proba mixta".

 

o  Avaliación final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de casos e simulación) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba mixta tanto das actividades prácticas como dos contidos teóricos nunha proba ao final do cuadrimestre, na que se ponderará cun 70% os contidos relativos as actividades do portafolio e un 30% os contidos teóricos da materia. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes