Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Administración local e acción cultural e educativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Haberá, en diversos soportes, documentos referidos a Boas Prácticas para analizar na aula de maneira colectiva. É o caso das cidades que teñen asinada a Axenda 21 da Cultura.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado deberá desenvolver un traballo de investigación aplicada sobre unha iniciativa educativa e/ou cultural local. O número de membros do grupo será de tres persoas e non deberán entregala, senón defendela no espazo e prazo que indicará ao seu debido tempo o profesor. A proposta deste curso será: o patio escolar.
Estudo de casos Trátase de experiencias concretas que achegará o profesor ou o alumnado.
Discusión dirixida Ao longo do cuadrimestre, abordaremos proxectos ou experiencias para ser discutidas en clase.
Lecturas Haberá a disposición do alumnado un DOSSIER, tanto en soporte dixital como papel. Así mesmo, realizaremos un libro-forum sobre unha obra que especificará coa debida antelación o profesor.
Presentación oral Tanto a intervención nas clases como a defensa dos traballos colectivos e individuais por parte do alumno/a serán tidos moi en conta polo profesor.
Istos deberán ser defendidos en lingua galega.
Sesión maxistral Consiste en explicacións do profesor así como doutras persoas, nomeadamente profesionais en activo no ámbito da acción educativa e cultural local, do exercicio profesional en cuestión. Poderá ser na propia aula ou na visita ao espazo laboral do profesional en cuestión.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes