Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Administración local e acción cultural e educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A6 A7 Valorase o marco teórico, o contido, a análise desenvolvida e as conclusións por parte do equipo, así como a bibliografía. 40
Estudo de casos A21 B3 Valorase a participación activa do alumnado 10
Lecturas A5 Valorarase a calidade das reflexións ao fío das lecturas propostas 10
Presentación oral B6 C1 Valorarase o traballo por parella ou individuais (deriva) 40
 
Observacións avaliación

Nesta materia, a presenza e implicación do alumno/a é fundamental. De aí que o profesor desbote a posibilidade (agás os casos do alumnado con dispensa académica) de realizar unha proba mixta. Xa que logo, a avaliación centrarase nos libro forums, na deriva e na realización dunha proposta en parellas de carácter educativo e/ou cultural.

A práctica da deriva é individual. O esforzo realizado, a orixinalidade, a coherencia interna e a súa presentación serán evaluadas polo profesor.

A proposta educativa-cultural por parellas será avaliada tendo en conta o seu marco teórico, obxectivos, contidos, desenvolvemento, así como formato e bibliografía consultada para superar a actividade positivamente. Entregarase como data tope o último día de clase.

Aquelas persoas que non accedan con regularidade (é dicir, un mínimo do 80%) ás clases deberán cursar a materia na maneira que se explica na "Atención personalizada". En todo caso, todas as actividades que propoña o profesor son revisables para a avaliación final e o alumno/a en cuestión deberá asistir á preceptiva titoría co profesor para aclarar estos aspectos avaliativos.

Por ser esta materia impartida integramente en lingua galega, será tamén esa a lingua enque o alumnado deberá expresarse no desenvolvemento da asignatura, tanto oralmente como por escrito.

O alumnado deberá superar as tres actividades  para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes