Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Traballo de Fin de Grado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, e en formato dixital, un exemplar do TFG; un resumo do TFG dirixido ao tribunal; o documento coa solicitude de defensa e o documento co expediente académico (onde aparezan todas as materias superadas do plan de estudos).
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Traballos tutelados O alumnado realizará o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.
As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:
a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias da titulación de grao e enmarcados no ámbito das competencias desta.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de grao.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos da titulación de grao.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados coa titulación de grao.
e) Estudos empíricos relacionados coa experiencia en prácticas externas curriculares e/ou extracurriculares noutras institucións relacionadas coa titulación de grao, no marco das competencias desta.
f) Exposición e presentación de patentes de investigación ou modelos de utilidade, rexistrados ou non, deseñados polo alumnado e con relación cos contidos da titulación de grao.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes