Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Procesos psicolóxicos básicos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición dos apartados do programa, fundamentalmente por parte da profesora a modo de clase maxistral.
Proba de resposta múltiple Realización dunha proba obxectiva "tipo test", con 30 preguntas, sobre os contidos traballados ao longo do curso. Para cada pregunta presentaranse catro alternativas de resposta, das que só unha será correcta.
Análise de fontes documentais Utilización de películas relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise das mesmas (presentación, debate, dossier...)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes