Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B7 C1 Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. 50
Sesión maxistral A3 B4 B8 Avaliaráse a asistencia e participación activa tanto nas sesións expositivas canto nas interactivas. 10
Obradoiro A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 Avaliaranse tanto os resultados das diversas prácticas e actividades a facer fora da sala de aulas, canto as desenvolvidas nas aulas interactivas. 40
 
Observacións avaliación

Observacións:

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

1.1. O Obradoiro
inclui a realización de 1 ou 2 Actividades Avaliábeis (en principio
individuais; poderá ofrecerse a opción a facelas en parellas a discreción
do profesorado), e unha serie de tarefas de seguimento das leituras e
outros traballos práticos durante o
curso, tanto nas sesións de aulas como fora.

1.2. O alumnado repetidor que non asista ás aulas, e o alumnado que teña unha dispensa académica oficial (DAO),
recibirán un 50% da nota pola realización da Proba mixta, e
50% polo apartado de Obradoiro, incluindo tanto as Actividades Avaliábeis canto as outras tarefas do curso que non requiran asistencia.

1.3. O alumnado con DAO deberá comunicalo ao profesorado da materia durante as duas primeiras semanas do curso. De non facelo así, poderá aplicárselle a mesma repartición porcentual
na avaliación que ao resto do estudantado (50% + 10% + 40%)

1.4. A materia e as probas poderán
adaptarse para o estudantado que precise medidas de apoio á diversidade

(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde
mental). O/a estudante que se atopar nesta situación debe contactar cos servizos
dispoñibles na UDC nos prazos oficiais marcados antes de cada
cuadrimestre académico: a Unidade de Atención á Diversidade (http://www.udc.gal/cufieU/ADI/). Pódese contar tamén co asesoramento do Tutor ou Tutora ADI da Facultade de Ciencias da Educación. En calquer caso,
se solicitaron que lles sexa recoñecida a condición de estudante con adaptación e
aínda non se lles comunicou a decisión, deben informar ao coordenador da
materia (celso.alvarez.caccamo@udc.gal).

1.5. Para superar a materia é preciso (a) obter polo menos un 5 na media dos apartados ; (b) ter polo menos un 4 na proba mixta (exame final); e (c) obter polo menos un 3 na Atividade ou Atividades Avaliáveis.

1.6. Para superar a proba mixta (exame final)
o profesor poderá requerir un certo equilibrio de notas entre os
diversos temas e partes do programa. Sen ese equilibrio, se a media aritmética é igual ou superior a 5, poderá non ser considerada e ser
sustituida por un 4,9 (suspenso) indicativo da necesidade de repetir a
proba obxectiva inteiramente.

1.7. En caso de non poder aprobar por non ter obtido polo menos un 4 na proba final, nas Actas figurará como nota ou ben a media aritmética ou 4,9 (suspenso) se a media fose superior. Porén, esta nota de 4,9 é inamovíbel, e é só indicativa de que se debe repetir algún dos apartados (ou os dous).

1.8. O profesorado poderá flexibilizar en sentido positivo estes requerimentos de notas mínimas con carácter xeral (aplicábel a todo o alunado) para favorecer unha avaliación mais global do desempeño.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE:

2.1. Aplícanse os mesmos criterios de notas mínimas para cada apartado.

2.2.
Repetirase a Proba mixta (exame final) no día oficial (ver
datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). A Proba é
indivisíbel; caso de ter que ser repetida, será inteiramente, e voltará
a incluir todo o temario da primeira oportunidade.

2.3.
Realizarase a Actividade ou Actividades suspensas (poderán ser diferentes ás realizadas na primeira oportunidade, aínda que cun formato semellante ou comparábel), e, no seu
caso, as tarefas menores de seguimento do curso, a criterio do profesorado.

2.4. Para a segunda oportunidade, manteránse as
notas dos apartados superados na primeira oportunidade. No caso das
diversas actividades e tarefas, os profesores indicarán se se considera
superado o apartado Obradoiro inteiro, ou se hai que repetir algunha
actividade non satisfactoria (por exemplo, unha cunha nota de 3).

2.5.
A asistencia, loxicamente, non se poderá recuperar na segunda
oportunidade. Se o apartado da asistencia foi superado (mais do 50%,
isto é, un 5), manterase a nota. Se non fose superado, axustaranse as
percentaxes para Proba mixta (50%) e Obradoiro (50%).

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2023)

3.1. Poden presentarse a
esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a
titulación. Consúltese a documentación pertinente na web
da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico,
pola que se outorgará o 100% da nota.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas/es estudantes
que: (a) non se apresenten a ningunha das probas obxectivas (primeira e segunda oportunidades) e que,
ademais, (b) non entreguen nengunha Actividade Availábel en nengunha das oportunidades. Isto é, a
entrega dunha Actividade ou a asistencia á Proba obxectiva nalgunha das
oportunidades implica necesariamente receber unha nota final numérica.

5. As condutas irregulares e ilexítimas
na realización das actividades, tarefas ou probas (suplantación da
identidade, plaxio, copia, falsificación ou compra de traballos,
recepción de axuda doutras persoas, utilización de respostas ou solucións doutros anos, utilización de
recursos informáticos ou doutro tipo non autorizados, etc.), acarretan
automaticamente a cualificación de Suspenso (0) nessa tarefa ou exame,
e, dependendo da sua gravidade, poden acarretar Suspenso (0) na
oportunidade correspondente. Lémbrase a este respecto que o
Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC
recolle que a fraude académica é unha falta
grave ou moi grave, e establece as sancións para estes casos, incluindo a expulsión temporaria da Universidade; véxanse, entre
outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).

6. O material distribuído polo profesorado nas aulas ou polo Campus Virtual ou outras plataformas é de uso exclusivo para a materia. Non se permite de maneira nengunha o seu uso ou distribución para outros
propósitos, por medios virtuais, nin para persoas alleas ao curso. A vulneración destas restricións está recollida como falta no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

7. Non se permite a gravación por nengún medio das sesións de aulas, fora das realizadas polo profesorado para posíbeis fins de ensino virtual, e as realizadas para estudantes con adaptación. A gravación e utilización non autorizadas son recollidas como faltas graves no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes