Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de intervención logopédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor na que se traballarán os contidos que compoñen o marco teórico, complementada co uso de presentacións e soportes audiovisuais, así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, a fin de que a aprendizaxe ten un carácter máis dinámico e permite a participación dos alumnos.

A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, teoricamente introducindo cada un dos temas e subtópicos; ofreceranse bibliografía e documentación adicional aos estudantes para afondar na materia; e o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades prácticas.
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes.
Estudo de casos Presentaranse casos para introducir ao alumnado no manexo de datos clínicos, térmos específicos e metodoloxía de intervención logopédica.
Presentación oral Exposición verbal de todas as actividades realizadas na materia, a través das cales o alumnado e a docente interactúan plantexando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Portafolios do alumno Inclúe todas as actividades realizadas polo alumnado.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación de coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.

Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou asociación. Tamén se pode construir cun só tipo de algunha destas preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes