Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de intervención logopédica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor na que se traballarán os contidos que compoñen o marco teórico, complementada co uso de presentacións e soportes audiovisuais, así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, a fin de que a aprendizaxe ten un carácter máis dinámico e permite a participación dos alumnos.

A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, teoricamente introducindo cada un dos temas e subtópicos; ofreceranse bibliografía e documentación adicional aos estudantes para afondar na materia; e o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades prácticas.
Análise de fontes documentais Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes.
Estudo de casos Cando se imparta o tema 4 presentaranse casos clínicos das alteracións descritas (voz, audición, fala e linguaxe) para introducir ao alumnado no manexo de datos clínicos, termos específicos e metodoloxía de programación terapéutica para a intervención logopédica.
Presentación oral Exposición verbal de todas as actividades realizadas na materia, a través das cales o alumnado e a docente interactúan plantexando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación de coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.

Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou asociación. Tamén se pode construir cun só tipo de algunha destas preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes