Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A13 A14 A16 A24 Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº de erros x 0.25).
- A realización desta proba é obrigatoria e computa o 30% da nota final.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumala ás calificacións do resto de actividades.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
30
Presentación oral A13 A14 A16 A24 A32 B7 B9 B17 B19 C1 C8 A presentación de cada actividade será avaliada pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación) e polo propio estudante (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre elos: contidos relevantes e claros; orde na exposición; claridade e corrección lingüística; capacidade de síntese das ideas fundamentais; coherencia no discurso, linguaxe non verbal e utilización do espazo; creatividade (presentación suxerente, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiras/os...); uso dos recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por iso que cada equipo establecerá unhas normas de autorregulación mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 40% da nota final.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumala ás calificacións do resto de actividades.
40
Traballos tutelados A6 A13 A14 A16 A24 A25 A32 B7 B9 B16 B17 B19 C1 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 30% da nota final.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumala ás calificacións do resto de actividades.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase.

O alumnado non asistente, deberá contactar conmigo para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta, na presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. 

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE
DA CORUÑA
Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes