Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fisioloxía dos órganos da audición e a linguaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 O alumnado ademais de asistir as distintas propostas debe de participar, esta participación quedará reflexada en distintos documentos (por exemplo cadernos de prácticas, resolución de problemas, respostas a preguntas prantexadas na clase…) que serán avaliadas e valoradas pola profesora 15
Proba obxectiva A1 A7 A32 B1 B2 B7 Esta proba consistirá no 70% da nota final. 70
Aprendizaxe colaborativa A10 A29 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B12 B13 B14 B16 B17 B19 B20 B22 B24 C3 C6 Realización de traballos e exposición dos mesmos polo alumnado. Cada alumno/a debe realizar, obrigatoriamente, un traballo que consistirá na exposición diante dos seus compañeiros/as dun artigo científico, relacionado co tema da asignatura, que lle será proporcionado pola profesora. A realización deste traballo estará tutorizada pola profesora. O traballo entregarase ó alumnado nos primeiros días do inicio do curso e asignaráselle unha data para a exposición que será na parte final do curso. A exposición durará 10 minutos, e será seguida de 5 min de preguntas. Suporá o 15% da nota. A súa realización é obligatoria de cara a superar a materia. 15
 
Observacións avaliación

Sistemas de avaliación: Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (70% da nota final) e traballos tutelados (30%). Oportunidade adiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

A proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:

Preguntas de ensaio: preguntas abertas de desenvolvemento.

preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas)

preguntas de ordenación

preguntas de resposta breve

preguntas de discriminación

preguntas de completar

preguntas de asociación.

É indispensable aprobar a proba mixta para superar a materia, é dicir, débese de obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Se non se supera o exame final (proba mixta) non se sumará a nota correspondente aos traballos tutelados, e a cualificación da materia será a obtida no exame final.

Matrícula parcial: o estudiantado con matrícula parcial avaliaranse de maneira individualizada tendo en conta cada caso. Recoméndase ao alumnado contactar o máis rapidamente posible ca profesora.

Non presentado: Considerarase "non presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a proba mixtas.

Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que, obtendo cualificación de sobresaliente, teña as puntuacións máis elevadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (copiar, plaxios...), implicará directamente a cualificación de suspenso na materia da convocatoria correspondente.

Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes