Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá un 10% da cualificación total da materia. 10
Proba mixta A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 Realizaráse unha proba de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. A proba consistirá na resolución de cuestións de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). Terá un peso do 40% da nota final.
A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia.
50
Estudo de casos A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 A análise e resolución dos casos prácticos será o 25% da cualificación final da materia. 25
Traballos tutelados A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Terán un peso do 15% na cualificación total da materia. 15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%)

a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%).  

b) Traballo individual (máx. 50%): Realización dunha proba escrita sobre os contidos da materia (40%) na que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%). 

OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) 

Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (proba mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio). 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba mixta (mín. 25%),estudos de casos (mín. 12,5%), traballos tutelados (mín.7,5%) e portafolio (mín.5%).  

2. Antes da data do exame oficial presentaranse o portafolio e todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: para presentarse a proba práctica é condición indispensable. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes especificadas no punto anterior. 

3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes