Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá un 10% da cualificación total da materia. 10
Proba mixta A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 Realizaranse varias probas de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. Cada proba consistirá na resolución de cuestións de diferentes tipos, p.ex. de relacionar, de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). En total, todas as probas terán un peso do 40% da nota final.
A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia.
50
Estudo de casos A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 A análise e resolución dos casos prácticos presentados nas sesións interactivas será o 25% da cualificación final da materia. 25
Traballos tutelados A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 As tarefas e actividades propostas tanto nas sesións expositivas como interactivas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Terán un peso do 15% na cualificación total da materia. 15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%)

a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%).  

b) Traballo individual (máx. 50%): Realización das probas escritas sobre os contidos da materia (40%) nas que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%). 

OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) 

Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (proba/s mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio). 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba/s mixta/s (deben superarse cada unha das probas ou partes que a compoñen),estudos de casos (igualmente, deben aprobarse cada un dos estudos propostos), traballos tutelados (tamén deben superarse cada un dos traballos realizados) e portafolio (cualificación mín.5%).  

2. Antes do remate do período de actividades lectivas presentaranse todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: é condición indispensable para presentarse a proba oficial tanto na primeira como na segunda oportunidade. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes de ponderación especificadas para cada unha de elas. 

3. O portafolio será presentado a máis tardar na data establecida para a proba oficial. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación do 50%, cómo máximo, da porcentaxe de ponderación establecida. 

4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria da primeira oportunidade (maio/xuño). 

5. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou 

b) non se presente á/s proba/s do período oficial de avaliación. 

6.  No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das tarefas, actividades ou calquera tipo de proba de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4) Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento"

7. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes