Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases didácticas da intervención logopédica Código 652G04008
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Profesorado
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da intervención logopédica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición de coñecementos epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas no uso de recursos didácticos para construír una intervención logopédica informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe a favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo. Ao mesmo tempo quérese afondar na importancia do traballo colaborativo interprofesional, no que participan profesionais e axentes que desenvolven o seu quefacer dentro e/ou fóra da escola. Teñamos en conta que a complexidade de moitos dos problemas que presenta o alumnado arráiganse ou enrédanse nunha causística múltiple que esixe unha intervención globalizada, na que teñen que participar distintos profesionais, que deben traballar en cooperación para dar maior cobertura ás necesidades reais, que incluso chegando o traballo non so ó alumnado senón tamén á familia, sen solaparse, empregando metodoloxías que non sexan contraditorias entre si, evitando deste xeito distorsións na propia percepción do alumnado e favorecendo unha aprendizaxe significativa e útil na súa vida cotiá. Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; dos indicadores educativos para atender á diversidade na aula; de propostas didácticas na intervención logopédica e proxectos de traballo orientados á intervención educativa nas necesidades específicas de apoio educativo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen todas *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado correo electrónico teams modlee 4. Modificacións na avaliación non hai *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía só aquela que poda estar en liña para o alumnado
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes