Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Teaching Foundations in Speech Therapy
   Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Directed discussion
Supervised projects
Description
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas e interactivas, lecturas, actividades, realización da proposta de intervención e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3. Como a realización da proposta de intervención é unha actividade principal na materia e ten un peso importante na avaliación desta, para a súa realización e correcto seguimento, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente desenvolver -cando menos- unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
5. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes