Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta consistirá no desenvolvemento de varias cuestións sobre os temas traballados na materia. 40
Traballos tutelados Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN (30%)
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN (10%)
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Portafolios do alumno Portafolio de carácter grupal composto polas actividades propostas na materia asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado.

Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe.
20
 
Observacións avaliación
<div align="justify">
  1. En aplicación da <i>"Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
    de los estudiantes de grado en la UDC " </i>(aprobada en Consello de Goberno
    de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
    condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
    correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
    de asistencia á parte das sesións ou o alumnado non presencial (cunha asistencia menor do 80%); non obstante, <b>deberá entregar e presentar oralmente o traballo tutelado elaborado individualmente</b>&nbsp;<b>antes da data establecida para a realización do exame
    da materia</b>. Cada unha das partes - exame e traballo tutelado - ponderará un 50% da nota final.&nbsp;
  2. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do <b>50% do
    peso de cada unha das partes obxecto de avaliación</b> (traballos tutelados, portafolio e
    proba mixta).
  3. O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é <b>condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e o portafolio.</b>
</div>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes