Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A16 A25 A30 A proba mixta consistirá no desenvolvemento de varias cuestións sobre os temas traballados na materia. 40
Traballos tutelados A22 A28 A29 B3 B4 B7 B9 B14 B22 B23 B24 C3 Para avaliar o traballo teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN (30%)
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical;
- contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN (10%)
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Portafolios do alumno A4 A16 A23 A25 A29 B1 B11 B12 B15 B23 B24 C3 C4 C6 C7 Portafolio de carácter grupal composto polas actividades propostas na materia asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado.

Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe.
20
 
Observacións avaliación
  1. En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio
    de los estudiantes de grado en la UDC "
    (aprobada en Consello de Goberno
    de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a
    condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a
    correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade
    de asistencia á parte das sesións ou o alumnado non presencial (cunha asistencia menor do 80%); non obstante, deberá entregar un traballo tutelado elaborado individualmente antes da data establecida para a realización do exame
    da materia
    . Cada unha das partes - exame e traballo tutelado - ponderará un 50% da nota final. 
  2. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do
    peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
    (traballos tutelados, portafolio e
    proba mixta).
  3. O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados o traballo tutelado e o portafolio.
"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes