Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de avaliación e diagnóstico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de avaliación e diagnóstico Código 652G04010
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.duran.bouza@udc.es
Profesorado
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.duran.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende que o estudantado coñeza o proceso de avaliación e diagnóstico, así como identificar e decidir sobre os criterios que deben guiar este proceso. Posto que na avaliación da linguaxe a abordaxe é multidisciplinar; deberán coñecer os instrumentos e técnicas a empregar, pero tamén dispor de información básica acerca de as empregadas por outros profesionais. Para que os alumnos familiarícense con algúns destes procedementos as clases teóricas complementaranse cunha serie de clases prácticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Actividades iniciais - Obradoiro (Con atención personalizada)(Computa na avaliación) – Traballo tutelado (con Atención personalizada) (computa na avaliación) - Estudo de casos (con atención personalizada) (Computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba obxectiva (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”, Obradoiro e dos estudos de caso) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para resolver dúbidas dos contidos teóricos e para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballo tutelado (50%): En relación ao traballo tutelado valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. -A profundidade do contido. -O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. -A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. Obradoiro (20%), terase en conta a presentación dos traballos realizados nas sesións interactivas e a asistencia Estudo de casos (30%), terase en conta a adecuación do plan de avaliación planteado, así como a utilización de procedementos de avaliación e fontes documentais axeitadas a cada caso. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás a asistencia as sesións interactivas. Para superar a asignatura será requisito imprescindible obter unha calificación mínima de 5 puntos (nunha escala 0-10) no traballo tutelado e na parte práctica (asistencia as clases interactivas, presentación de traballos derivados das clases interactivas, Obradoiro e presentación oral) de forma independente. Na aplicación da "Norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia as sesións interactivas; pero este alumnado deberá entregar os correspondentes informes e traballos na data establecida 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes