Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Fundamentos de avaliación e diagnóstico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B16 B24 A exposición do traballo tutelado terase en conta de xeito individual en caso de que o traballo se faga en grupo. 10
Obradoiro A9 A16 A22 A30 C3 A asistencia e presentación dos traballos derivados das clases interactivas contará ata un máximo dun 20% da nota global 20
Proba obxectiva A7 A8 Os/as estudantes deberán superar un examen tipo test de resposta múltiple 30
Traballos tutelados A7 A8 A9 B3 B21 C7 Os/as estudantes deberán presentar un informe de avaliación individual despois de levar a cabo unha avaliación do desenvolvemento da linguaxe dun neno/a 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será requisito imprescindible  superar cunha calificación do 50% cada unha das catro metodoloxías empregadas na avaliación. En caso de suspenso a calificación máxima será de 4.

Na aplicación da "Norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia as sesións interactivas; nenbargantes, estes alumnos deberán entregar os correspondentes informes e traballos na data establecida.

Respecto ao Fraude Académico e atendendo a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
"Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario"
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes