Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A23 A26 B3 B4 B5 B19 B20 B21 C3 C6 C7 C8 O traballo será orixinal e terá como criterios de avaliación os seguintes.
-Integración dos contidos abordados na aula: incluiranse tarefas desenvoltas nas clases interactivas.
-Reflexión e opinión persoal, sobre os contidos e as tarefas
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda.
Cada un dos criterios representará como máximo o 25% da calificación final do Portafolios.
50
Proba de resposta breve A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A23 A24 B2 B7 B16 C1 Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar tendo como referentes a súa opinión persoal fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. 50
 
Observacións avaliación

O portafolios presentarase en formato dixital


Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións:


 Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do portafolios, proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. 


Opción B. O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o portafolios, para a proba breve concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes