Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A16 A23 A28 B3 B23 B24 C2 O alumnado en pequenos equipos terán que realizar unha entrevista a unha persoa á que se lle pedirá información sobre a súa propia traxectoria persoal, facendo fincapé nos obstáculos pero tamén nas cuestións que favorecen o seu desenvolvemento individual e colectivo, tanto no ámbito educativo como social. A partir da entrevista, farase unha análise e interpretación da información, que se apoiará en bibliografía tanto proporcionada pola profesora como recollida polo propio alumnado. Finalmente farán unha proposta de intervención logopédica dende unha perspectiva inclusiva. Na plataforma moodle atoparase a información en canto ás normas para a súa elaboración, Presentación, etc 60
Proba de resposta breve A4 A16 A23 A28 B3 Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar e analizar tendo como referentes os contidos da materia e fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. 40
 
Observacións avaliación

En aplicación da "Norma que regula el régimen de dedicación al estudio de los estudiantes de grado en la UDC " (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), o alumnado ao que se lle teña recoñecida a condición de estudante a tempo parcial e teña solicitado á Decana a correspondente dispensa académica, quedará eximido da obrigatoriedade de asistencia á parte das sesións e/ou o alumnado non presencial (cunha asistencia menor do 80%) deberá entregar realizar o proxecto de investigación individualmente antes da data establecida para a realización do exame da materia. Cada unha das partes - exame e proxecto de investigación - ponderará un 50% da nota final.


Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (proxecto de investigación e proba escrita).

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes