Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Alteracións de base evolutiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A docente responsable fará a exposición dos temas potenciando o carácter interactivo coa participación dos estudantes por exemplo a través de preguntas.
Lecturas As lecturas faranse en dúas modalidades: a) na aula, con posterior resumo das mesmas e b) fora da aula, expoñéndose dentro da clase os resultados.
Estudo de casos Traballaranse distintos casos correspondentes aos diferentes bloques temáticos. Tanto a docente coma os estudantes, divididos en pequenos grupos de traballo, poderán propor o aprofundimento nun caso concreto. As cuestións suscitadas deberán ser respondidas por escrito.
Glosario Os alumnos elaboraran un glosario onde se expliquen o conxunto de conceptos que permiten a comprension dos trastornos tratados na materia.
Presentación oral Os alumnos deberán traballar cos trastornos que se abordan na asignatura afondando sobre eles e realizando unha exposición final.
Proba de resposta múltiple Os alumnos realizarán un exame tipo test mediante o que se determinará o grado de aprendizaxe dos fundamentos teóricos e prácticos.
Actividades iniciais Levaranse a cabo a fin de identificar os coñecementos previos necesarios para abordar a asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes