Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Alteracións de base evolutiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A7 B2 B4 B6 B7 B20 B21 B23 Valorarase a análise dun problema concreto para chegar a unha decisión tomada mediante discusión..

O estudante sitúase ante un caso que lle describe unha situación real da vida profesional e deberá ser capaz de analizar unha serie de feitos referentes ao ámbito da linguaxe debendo chegar a unha decisión razoada a través de discusión en pequeno grupo de traballo.
20
Glosario A6 B7 B13 O estudante debe dominar a terminología referida ás alteracións de base evolutiva 15
Presentación oral A6 A7 B2 B7 B13 B17 C1 C3 Valorarase o dominio e a claridade conceptual do tema, a corrección da linguaxe empregada e o emprego das novas tecnoloxías 25
Proba de resposta múltiple A2 A6 A7 B2 B7 Realizarase un exame tipo test, con preguntas de entre 3 e 4 opcións de resposta das cales unha soa é a válida. Descuentan erros. 40
 
Observacións avaliación
ALUMNOS EN MODALIDADE ASISTENTE. Considérase alumnado asistente cando se acuda ao 80% das sesións expositivas e ao 80% das interactivas. A cualificación dos alumnos asistentes engloba os apartados seguintes: Estudos de casos, Glosario, Presentación oral e Proba de resposta múltiple. Para superar a asignatura a nota ha de ser 5, valorándose todos os apartados. As persoas que non conten co 80% de asistencia farán o exame estándar pero con 10 preguntas máis.Poderase optar a matrícula de honor a partir de 9,5, acreditando as razóns nun escrito dirixido á docente.
ALUMNOS NON ASISTENTES. Deberán poñerse en contacto coa docente responsable da materia ao iniciarse o curso e informando da súa circunstancia. Serán evaluados únicamente a través dun exame que consta de dous partes: a) tipo test para evaluar o contido teórico da materia e b) resolución dun caso dado para a parte práctica. O exame puntúa sobre 10. Considerarase aprobado de 5 en diante en cada unha das partes.
ESTAS OBSERVACIÓNS SON VÁLIDAS TANTO PARA A CONVOCATORIA ORDINARIA COMO PARA A EXTRAORDINARIA DE XULLO.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes