Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Avaliación das alteracións de base evolutiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino - aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, os intereses e as motivaciones que posúen os estudantes para o logro dos obxectivos que se pretenden alcanzar, vinculados a un programa formativo.
Sesión maxistral A docente fara a exposición dos temas favorecendo a interacción co alumnado. Os estudantes faran a exposición da información complementaria que deberán buscar, ampliando o seu coñecemento.
Presentación oral 1- O resumo, a síntesis dos temas explicados na sesión magistral.
2-Expoñerán a información complementaria.
Proba de resposta múltiple Realizan un exame tipo test no que as preguntas terán entre 3 - 4 opcións de resposta sendo soamente una a válida. No mesmo os erros penalizarán.
Portafolios do alumno Elaborárase un dossier de test de avaliacion da linguaxe que incluira a elaboración de ficha técnica das probas máis utilizadas polos profesionais da Logopedia
Estudo de casos O estudante sitúase ante un caso de avaliación e deberán ser capaces de realizar un procedemento de avaliación completo no que se inclúa a decisión de que probas utilizar a corrección e interpretación das mesmas, a elaboración dun informe de avaliación e a exposición e defensa das mesmas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes