Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Assessment of Developmental Disorders
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A8 A9 A10 A11 B2 B4 B6 B7 B20 B21 O estudante sitúase ante un caso de avaliación e deberán ser capaces de realizar un procedemento de avaliación completo no que se inclúa a decisión de que probas utilizar a corrección e interpretación das mesmas, a elaboración dun informe de avaliación e a exposición e defensa das mesmas. 30
Oral presentation B7 B13 B17 C1 C3 Valorárase o coñecemento do tema, concepto ou feito que se expón así como a correccion da linguaxe empregada 20
Multiple-choice questions A8 A9 A10 B2 B7 B16 C4 Realizárase un exame tipo test con preguntas de 3 ou 4 opcións de resposta sendo unha soa a valida. Restan erros. 40
Student portfolio B1 B7 B23 C1 C3 Valorárase a elaboracion de ficha tecnica dos test de evaluacion da linguaxe máis utilizados en Logopedia. 10
 
Assessment comments

Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas:

 Opción A. Alumnado que asiste ás clases expositivas e interactivas (> 80% de asistencia)
Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.
A cualificación do alumnado asistente engloba os seguintes apartados: Estudos de casos (30%),
portafolio (10%),
presentación oral(20%) e proba de resposta múltiple (40%). para superar a asignatura a nota ha de ser
5, valorándose todos os apartados.

Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas (< 80% de
asistencia)
- A nota final será a nota media do exame e do caso práctico nunha proporción de 60%(exame) 40%
caso práctico. 

Opción C: O alumnado que, tendo recoñecida a DISPENSA ACADÉMICA (solicitude previa na
Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario
na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que
asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de
avaliación.

ESPECIFICACIÓNS:
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art.
21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando
matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen
para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

 a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes