Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Avaliación das alteracións de base evolutiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A8 A9 A10 A11 B2 B4 B6 B7 B20 B21 O estudante sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real da vida profesional e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción para chegar a unha solución razoada a través dun proceso de discusión pequenos grupos de traballo. 30
Presentación oral B7 B13 B17 C1 C3 Valorárase o coñecemento do tema, concepto ou feito que se expón así como a correccion da linguaxe empregada 20
Proba de resposta múltiple A8 A9 A10 B2 B7 B16 C4 Realizárase un exame tipo test con preguntas de 3 ou 4 opcións de resposta sendo unha soa a valida. Restan erros. 40
Portafolios do alumno B1 B7 B23 C1 C3 Valorárase a elaboracion de ficha tecnica dos test de evaluacion da linguaxe máis utilizados en Logopedia. 10
 
Observacións avaliación
ALUMNOS EN MODALIDADE ASISTENTE. Considérase alumnado asistente cando se acuda ao 80% das sesións expositivas e ao 80% das interactivas. A cualificación dos alumnos asistentes engloba os apartados seguintes: Estudos de casos, Glosario, Presentación oral e Proba de resposta múltiple. Para superar a asignatura a nota ha de ser 5, valorándose todos os apartados.
As persoas que non conten co 80% de asistencia farán o exame estándar pero con 10 preguntas máis. Poderase optar a matrícula de honor a partir de 9,5, acreditando as razóns nun escrito dirixido á docente.
ALUMNOS NON ASISTENTES Deberán poñerse en contacto coa docente responsable da materia ao iniciarse o curso e informando da súa circunstancia. Serán evaluados únicamente a través dun exame que consta de dous partes: a) tipo test para evaluar o contido teórico da materia e b) resolución dun caso dado para a parte práctica. O exame puntúa sobre 10. Considerarase aprobado de 5 en diante en cada unha das partes

ESTAS OBSERVACIÓNS SON VÁLIDAS TANTO PARA A CONVOCATORIA ORDINARIA COMO PARA A EXTRAORDINARIA DE XULLO. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes