Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Audioloxía clínica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Audioloxía clínica Código 652G04018
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
López Amado, Manuel
Correo electrónico
m.lopeza@udc.es
Profesorado
López Amado, Manuel
Correo electrónico
m.lopeza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ten o obxectivo de brindar ao logopeda o coñecemento básico para a súa intervención na terapia de persoas con déficit auditivo. Dado que a relación da audición coa voz, a linguaxe, a comunicación e as habilidades cognitivas é íntima, consideramos que o logopeda debe comprender os aspectos fundamentais da audiología para poder desempeñar a súa tarefa con eficacia. Ademais, esta base teórico-práctica permitiralle mellorar a súa interacción cos outros profesionais no contexto da atención interdisciplinaria. Os coñecementos adquiridos ao finalizar a materia serán aplicables a varios aspectos da intervención, desde a interpretación de datos e informes audiológicos proporcionados por outros profesionais, como o otorrinolaringólogo e o audioprotesista, ata o deseño dun espazo acusticamente accesible durante a sesión e o emprego de estratexias adecuadas para maximizar a interacción comunicativa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaran cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: -Sesión maxistral -Estudio de casos clinicos -Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican As clases expositivas en gran grupo das materias obrigatorias e de formación básica dos graos non poderán ser impartidas presencialmente posto que a matrícula excederá da capaciade recomendada nas aulas. Estas clases figurarán en horario, pero a súa impartición deberá ser realizada a través de presentacións videogravadas que serán subidas a Moodle, co material de acompañamento necesario, e antes das clases interactivas coas que estean relacionadas. Tamén se empleará a plataforma Teams para clases tanto de tipo maxistral como interactivas. As titorías individuales seran virtuais . As titorias grupais seran virtuais a través de TEAMS. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento . – Moodle: semanalmente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo , para o desenrolo da parte practica da asignatura. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Mantense examen final doble, a realizar o dia asignado, con proba test e proba de casos clinicos de preguntas con resposta corta. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (examen test (70%) /preguntas cortas (30%)) 3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño, pero non existirá examen de preguntas cortas sobre casos clinicos, consistindo unicamente en proba de preguntas test *Observacións de avaliación: Excepcionalmente, e se se produciran fallos no servicios informaticos no momento de ralizar o examen final da asignatura poderiase realizar evalucion personalizada de cada alumno con examen oral por via telematica 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes