Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Avaliación das alteracións de base condutual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A9 A10 B7 Realizarase un exame final da materia consistente nunha proba obxectiva sobre os contidos do programa impartidos nas sesions maxistrais e nas sesións de presentación oral. 80
Estudo de casos A8 A9 A10 A11 A12 A21 A26 B7 C7 Valorarase a análise dos casos prácticos. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será REQUISITO IMPRESCINDIBLE:

obter unha CUALIFICACIÓN MÍNIMA DE 5 PUNTOS (nunha escala 0 - 10) no EXAME FINAL DA MATERIA

En aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", na avaliación dos alumnos aos que se recoñeceu a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, só terase en conta a nota obtida no exame final, cuxo peso na avaliación será do 100%), podendo así obter a cualificación máxima sen asistir á analise e discusión dos casos prácticos.

Avaliación 2ª Oportunidade: seguiranse a mesma metodoloxía e criterios que na primeira, mantendo a nota obtida na análise de casos prácticos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes