Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Rehabilitación das deficiencias auditivas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levará a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar
Sesión maxistral Exposición oral do profesor complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Presentación oral Exposición verbal do alumno sobre un tema. Require un traballo previo de elaboración do contido e da metodoloxía da presentación.
Recensión bilbiográfica Lectura crítica de artigos. Comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema e á opinión propia.
Traballos tutelados Elaboración de material de intervención a partir das pautas facilitadas polo profesor.
O obxeto deste punto e fomentar a autonomía do alumno na preparación de material de intervención, aspecto fundamental no futuro exercicio profesional.

Estudo de casos Partindo da descripción da situación dun caso facilitada polo profesor, o alumno debe ser capaz de analizar os feitos para chegar a unha decisión razoada de análise do proceso.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.
A Proba obxectiva poderá combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve e de desarrollo sobre un tema, etc.
Resumo Elaboración de síntese dos principais contidos traballados. É unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes