Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Rehabilitación das deficiencias auditivas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B24 Valora o aprendizaxe de coñecementos adquiridos sobre o tema e a capacidade de defendelos e expoñelos.
2.5
Recensión bilbiográfica A8 A17 A26 Valora a capacidade de relacionar os coñecementos do alumno co contido do texto. 2.5
Traballos tutelados A17 A27 B16 B24 Valora a capacidade de elaboración de material de intervención para o futuro exercicio profesional. 10
Estudo de casos A8 A26 A27 B16 B24 Valora o aprendizaxe adquirido na resolución de casos clínicos plantexados durante as clases interactivas e expositivas. 2.5
Proba obxectiva A8 A17 A25 A26 A27 B1 B16 C6 Valora os coñecementos e destrezas adquiridas sobre a asignatura. 80
Resumo A8 A17 A25 A26 A27 B1 Valora a capacidade de síntesis dos aspectos fundamentais do contido da asignatura 2.5
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia é condición necesaria aprobar a Proba Obxectiva (exame), polo
que os traballos non puntuarán ata que o exame estea aprobado (polo menos un 5
sobre 10).

Ademais
destes 5 aspectos (presentación oral, recensión bibliográfica, traballos tutelados,
proba obxectiva e resumo), tamén poderá influír na puntuación o grao de
implicación do alumno na materia (asistencia, participación, interese, destrezas
adquiridas etc.) podendo variar ata 0.15 puntos na nota final para aqueles que,
superando o Exame Oficial, están próximos ao momento de corte de cada
cualificación.

A
asistencia ás clases é primordial para comprender a materia, máis aínda ás
clases interactivas cuxo contido tamén é materia de exame.

ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:

1.         Aplicaranse os mesmos criterios
avaliadores á 2ª convocatoria que á 1ª convocatoria.

2.         Os traballos serán entregados na mesma
data por parte de todo o alumnado, caso de non entrega, non puntúan.

3.         A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso
con nota numérica 0 (seguindo o artigo 11, apartado 4b do Regulamento
disciplinar do estudantado da UDC)

4.         O alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será
avaliado cos mesmos criterios que o resto do alumnado tendo que levar a cabo os
mesmos traballos e, aqueles que sexan en grupo, deberán integrarse co resto do
alumnado para a súa realización.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes