Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Comunicación aumentativa e alternativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos do programa serán expostos virtualmente.
Simulación Se configurarán situacións semellantes as que se producen no eido real da intervención da CAA, co fin de utilizalas como experiencias de aprendizaxe e como precedimento para a súa avaliación.

Obradoiro O alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre o tema específico da CAA non asistida (dactilolóxico, palabra complementada e bimodal) co apoio e a supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa A clase organizarase en pequenos grupos nos que os estudantes traballarán conxuntamente na resolución das tarefas asignadas pola profesora e que serán guiadas de xeito presencial e apoiadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Proba obxectiva Os estudantes deberán superar de forma continua o longo do curso diferentes probas obxectivas nas que se combinan preguntas de verdadeiro-falso, de elección múltiple, e de resposta breve.

Traballos tutelados Os grupos de traballo entregarán nos debidos prazos os materiais debidamente identificados que son produto das actividades de aprendizaxe ("saber facer") realizadas durante as clases interactivas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os alumnos asistirán virtualmente a un evento no que aprenderán a manexar software específico de comunicación aumentativa e alternativa.
Proba práctica Os estudantes deberán superar unha proba práctica sobre os contidos das clases interactivas correspondentes os sistemas non asistidos e complementarios de comunicación (alfabeto dactilolóxico, sistemas de comunicación bimodal e palabra complementada).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes