Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Comunicación aumentativa e alternativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A12 A13 A15 A19 A20 Haberá un exame da materia que será unha proba obxectiva con preguntas de verdadeiro e falso, de elección múltiple, de ordenación de conceptos ou de resposta breve. Con esta proba valorarase o dominio e asimilación dos contidos teóricos do programa e a súa aplicación á intervención da CAA.
Esta proba computa o 50% da cualificación final.



35
Traballos tutelados A8 A9 A19 A20 B4 B13 B18 B19 C3 C7 Coa realización dos traballos tutelados valorarase a adquisición de procedementos ou competencias de "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos prazos establecidos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interativas.
Os traballos tutelados computan o 25% da cualificación final.
35
Proba práctica A19 Con esta proba preténdse valorar as habilidades e as destrezas dos estudantes no uso dos sistemas non asistidos
A proba práctica computa o 25% da cualificación final e consiste:
1) no deletreo manual de palabras propostas
2) no uso da palabra complementada para recitar unha poesía, e
3) no uso da comunicación bimodal
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible superar cada unha das partes (nota mínima de 5 na proba obxectiva e nota mínima de 5 na proba práctica) e a entrega de todos os traballos tutelados nas fechas sinaladas.

Os requisitos para superar a materia no caso dos e das estudantes con dispensa son os mesmos que para os que asisten á clase.  Estes deberán presentar os traballos tutelados antes do exame da convocatoria oficial.

Nota importante relativa as implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación. Atendendo a modificación do artigo 11, apartado 4b) do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:

b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes