Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Practicum I Código 652G04028
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 100 créditos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Botana Lois, Iria
Bueno Palomino, Ana Maria
Fernandez Garcia, Rosa Maria
Garcia Real, Teresa Juana
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Gonzalez Fernandez, Maria angeles
Lodeiro Fernández, Leire
Pernas Cortiñas, María Lorena
Redondo Diaz, Mª Milagros
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Vilameá Pérez, Mónica
Vilariño Vilariño, Maria Isabel
Correo electrónico
iria.botana@udc.es
ana.bueno@udc.es
rosa.fernandez@udc.es
teresa.greal@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
maria.angeles.gonzalez@udc.es
leire.lodeiro@udc.es
lorena.pernas@udc.es
m.redondo@udc.es
e.rodriguez.machado@udc.es
m.vilamea@udc.es
isabel.vilarino@udc.es
Web
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es REQUISITOS DE MATRÍCULA E CRÉDITOS Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 100 créditos. Presencialidade obrigatoria nas Aulas clínicas da Facultade Consta de 9 créditos ECTS: 63 horas de carácter presencial e 162 horas de traballo autónomo. TEMPORALIZACIÓN: Cursase durante o segundo cuatrimestre Cada estudante acude nove semanas, cun total de 12 días de practicas clínicas e 8 días de seminarios. A asignación aos grupos de prácticas faráse por orden alfabético. Total de Horas Presenciales 63, repartidas de la siguiente forma: Horas con usuarios: 35 Seminarios: 20 Preparación del practicum y tutorización: 8 DESCRICIÓN: No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudio acorde cos requirimentos do novo Espacio Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais; senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación, situando a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta para a organización do curriculum, onde a reflexión sobre a experiencia converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI. O marco conceptual ven dado polos obxectivos xerais para o Grao de Logopedia , fixados pola Orden Ministerial CIN/726/2009, que establece que as competencias propias da logopedia non poden ser desempeñadas por ningún outro profesional ou disciplina.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Non se realizan modificacións Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións recollidas nas Instrucións do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades, de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/2022 e AS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL que poidan ser aprobadas dende a propia universidade, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANOS E DECANAS DE LOGOPEDIA DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS (CDLUE) RESPECTO ÁS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma. *Metodoloxías docentes que se modifican Sen modificacións 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Realizarase a través de correo electrónico, Moodle e Microsoft Teams 4. Modificacións na avaliación Sen modificacións *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes