Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Practicum I
   Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement Consistirán básicamente en:
a) Sesións de observación nas que se aplicacarán as técnicas observacionais, e levarase a cabo a adaptación e creación de rexistros observacionais dependendo da patoloxía.

b) Sesións de orientación práctica e supervisada: deseño e implementación de programas de tratamento logopédico, para o que deberán formularse os obxectivos, elexir as técnicas e recursos materiais, rexistro das sesións adicadas o programa de tratamento, avaliación do proceso de intervención, plan de actuación coa familia, elaboración de informes sobre tratamento, realización de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención.
Seminar Levaránse a cabo 3 seminarios:
1. Seminario de recursos materiais: de 10 horas de duración que abordará o coñecemento e manexo dos recursos e materiais na intervención logopédica

2. Seminario de avaliación: de 5 horas de duración acerca dos diferentes métodos de recollida de información, así como da elaboración dos informes de avaliación.

3. Seminario de intervención: de 5 horas de duración no que se traballarán as habilidades comunicativas para o establecemento das relacións profesionais cos pacientes e as súas familias, a avaliación da propia actuación profesional e tratarase de favorecer ó traballo en equipo a través de dinámicas de grupos.
Case study Nos seminarios presentaránse varios estudos de caso nos que se plantearán situacións reais da práctica profesional, e os estudantes deben analizar aspectos relacionados coa avaliación e tratamento para chegar a unha decisión razoada acerca do proceso de intervención.
Supervised projects Baixo a tutela do persoal logopeda encargado das prácticas os estudantes irán elaborando as adaptacións de material, os obxectivos da intervención e os informes de avaliación que se incluirán no portafolios.
Document analysis Deberá realizarse búsquedas bibliográficas relevantes para a temática tratada tanto nos seminarios como nas actividades prácticas.
Workbook Os estudantes revisarán algúns textos e documentación escrita que lles permitirá profundizar nalgunhas das patoloxías abordadas nas prácticas.
Student portfolio É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno tanto nos seminarios como nas prácticas clínicas. En canto ao formato:
- Imprescindible índice, numeración de páxinas e bibliografía (normas APA).
- Marxes de 2,5 cm laterais e 3 cm superior e inferior.
- Interliñado 1,5; texto xustificado; letra Time New Roman 12.
- O número de follas do portafolio será entre 50 e 80 páxinas (impreso polas dúas caras), mais o anexo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes