Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Consistirán básicamente en:
a) Sesións de observación nas que se aplicacarán as técnicas observacionais, e levarase a cabo a adaptación e creación de rexistros observacionais dependendo da patoloxía.

b) Sesións de orientación práctica e supervisada: deseño e implementación de programas de tratamento logopédico, para o que deberán formularse os obxectivos, elexir as técnicas e recursos materiais, rexistro das sesións adicadas o programa de tratamento, avaliación do proceso de intervención, plan de actuación coa familia, elaboración de informes sobre tratamento, realización de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención.
Todos os estudantes realizarán 35 horas de asistencia nas aulas clínicas da facultade e 42 horas de asistencia rotatoria a centros externos. Se por calquera circunstancia tivera que limitarse o rotatorio por razóns alleas a facultade a comisión de titulación resolverá individualmente cada caso.
Seminario Levaránse a cabo 2 seminarios:

1. Seminario A sobre metodolocía de avaliación e intervención ( 15 horas de duración) no que se exporá a metodoloxía de avaliación e intervención. Esta recollerá un proceso completo con anamnese, avaliación , informa, elaboración de programa de intervención e deseño de tarefas.


2. Seminario B. Este consistirá en aplicar a metodoloxía aprendida a un caso real retransmitido a través dunha gravación. Os alumnos e as alumnas deberán realizar un informe e un prgrama de intervención para o mesmo.
Estudo de casos Nos seminarios presentaránse varios estudos de caso nos que se plantearán situacións reais da práctica profesional, e os estudantes deben analizar aspectos relacionados coa avaliación e tratamento para chegar a unha decisión razoada acerca do proceso de intervención.
Traballos tutelados Baixo a tutela do persoal logopeda encargado das prácticas os estudantes irán elaborando as adaptacións de material, os obxectivos da intervención e os informes de avaliación que se incluirán no portafolios.
Análise de fontes documentais Deberá realizarse búsquedas bibliográficas relevantes para a temática tratada tanto nos seminarios como nas actividades prácticas.
Lecturas Os estudantes revisarán algúns textos e documentación escrita que lles permitirá profundizar nalgunhas das patoloxías abordadas nas prácticas.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno tanto nos seminarios como nas prácticas clínicas. En canto ao formato:
- Imprescindible índice, numeración de páxinas e bibliografía (normas APA).
- Marxes de 2,5 cm laterais e 3 cm superior e inferior.
- Interliñado 1,5; texto xustificado; letra Time New Roman 12.
- O número de follas do portafolio será entre 50 e 80 páxinas, mais o anexo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes