Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A9 A10 A11 A12 A15 A17 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A32 B2 B9 B13 C1 C3 A avaliar polo profesorado titor da Facultade:
O portafolio terá un peso do 55% na cualificación final:

-Deberase incluir un historia clínica de cada paciente e un breve informe que faga referencia aos datos da avaliación e do tratamento realizado, así como unha valoración persoal

Poderá recollerse en anexos a información que, traballada nos seminarios, se considere pertinente para abordar os casos clínicos.

A asistencia e participación do alumnado na titoría inicial, de seguimento e final terá un peso do 10% na cualificación final.


55
Prácticas clínicas A9 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A30 A31 B24 B23 B21 B17 B16 B15 B14 B12 B11 B10 B9 B8 B6 B3 C1 C4 C5 A avaliar polo persoal Logopeda contratado.
Farase unha valoración das capacidades profesionais de cada alumno/a, na que se terá en conta a capacidade de traballo en equipo, de resolver problemas, de aplicar coñecementos, para adaptarse o paciente, e a capacidade de comunicación co paciente e coa familia.

Avaliarase tamén a participación activa nas actividades plantexadas e a actitude do alumno/a.
45
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (portafolios e prácticas clínicas).

O alumnado que suspenda as prácticas clínicas non superará a materia nese curso académico.

Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.

A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non

superar a materia, a cualificación será acorrespondente á parte non superada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes