Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A9 A10 A11 A12 A15 A17 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A32 B2 B9 B13 C1 C3 A avaliar polo profesorado titor da Facultade:
O portafolio terá un peso do 40% na cualificación final:

-Deberase incluir un historia clínica de cada paciente e un breve informe que faga referencia aos datos da avaliación e do tratamento realizado, así como unha valoración persoal

Poderá recollerse en anexos a información traballada nos seminarios e no caso das visitas aos centros que se poidan realizar dentro do rotatorio, poderán incluirse referencias á organización dos servicios, profesionais implicados, tipo de usuario que se atende, servizos que se ofrecen, canalización do caso dentro do servizo.

A asistencia e participación do alumnado na titoría inicial, de seguemento e final terá un peso do 10% na calificación final.

40
Prácticas clínicas A9 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A30 A31 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B23 B24 C1 C4 C5 A avaliar polas logopedas responsables das aulas clínicas.
Farase unha valoración das capacidades profesionais de cada alumno/a, na que se terá en conta a capacidade de traballo en equipo, de resolver problemas, de aplicar coñecementos, para adaptarse o paciente, e a capacidade de comunicación co paciente e coa familia.

Avaliarase tamén a participación activa nas actividades plantexadas e a actitude do alumno/a
Esta avaliación farase a través cas calificacións obtidas nos seminarios A e B e a preparación e execución das sesión clínicas.
60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (portafolios e prácticas clínicas).

O alumnado que suspenda as prácticas clínicas non superará a materia nese curso académico.

Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.

A cualificación final será a media ponderada das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non superar a materia, a cualificación será acorrespondente á parte non superada.

Se só se aproba a estadía no centro de prácticas ou a saída de campo, a nota conservarase unicamente no curso académico en que se realizasen. No seguinte curso, o/a alumno/a terá que matricularse novamente e facer a estadía ou a saída de campo.

AULAS CLÍNICAS

Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas:

 Opción A . Alumnado que asiste os seminarios e as sesións clínicas(> 80% de asistencia) Será necesario ter acreditada unha asistencia de polomenos o 80%. A cualificación do alumnado asistente engloba osseguintes apartados: Seminario A, Seminario B e sesións clínicas. Para superara asignatura a nota ha de ser 5, valorándose todos os apartados. 

Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás sesións clínicas (< 80% de asistencia) - Non poderá superar o practicum I

 Opción C: O alumnado que, tendo recoñecida a DISPENSA ACADÉMICA (solicitude previa naAdministración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudiantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 dexuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxede asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación. 

ESPECIFICACIÓNS: Segundo establécenas  "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudios de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non conocorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicions que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de Avaliación. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de Avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes