Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á intervención logopédica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

---------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou con dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)".

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para as “Prácticas a través de TIC”, ben a través dos grupos de traballo que se conformen na materia ou ben segundo as indicacións do profesorado. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes