Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua galega Código 652G04036
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución xeral á lingua galega: fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán mudanzas nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías. Unicamente será modificada a modalidade de impartición nas metodoloxías que impliquen presencialidade, a cal será substituída pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, Moodle e Teams. 4. Modificacións na avaliación Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial adaptada. No caso da avaliación da "Sesión maxistral" e do “Obradoiro”, en que se computa a asistencia, a participación e a elaboración de prácticas presenciais por parte do alumnado, estas serán substituídas de modo telemático. No tocante á “Proba mixta”, esta realizarase tamén telematicamente, podendo ofrecerse tanto de maneira síncrona como asíncrona, cuxas características e datas serán comunicadas ao alumnado a través de Moodle con suficiente antelación. *Observacións de avaliación: Non haberá modificacións. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes