Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nas sesións de docencia expositiva (maxistrais), levara a cabo a presentación teórico-práctica dos contidos fundamentais para comprender a materia e para poder realizar as diversas actividades propostas nas prácticas.
Nas sesións de docencia interactiva, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar a través do Campus Virtual da Universidade da Coruña nas datas marcadas.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes