Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 40 % sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados.
Para aprobar é preciso ter unha puntuación de 5 sobre 10 en cada actividade.
40
Proba mixta A3 B7 C1 Na PROBA ESCRITA avaliarase a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán similares ás formuladas nas aulas.
Para superar esta proba, que se realizará na data hora e lugar marcados nos horarios oficiais de exames do centro, a cualificación deberá ser de 5 puntos sobre 10.
30
Obradoiro A17 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) realizadas ao longo do curso, xunto coa asistencia e participación, serán obxecto de avaliación nun 30 % sobre a cualificación total.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo.
30
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

1.1. Quen suspender a materia na 1.ª oportunidade por non obter 5 puntos, poderá recuperar na 2.ª oportunidade todas as partes avaliábeis. No caso da PROBA MIXTA ESCRITA, deberá facer un novo exame escrito das mesmas características que o da 1.ª oportunidade. No tocante ás ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais (de "Solución de problemas") que tiveren unha cualificación inferior a 5 puntos, poderá presentalas novamente, mentres que as ACTIVIDADES PRÁCTICAS presenciais que se realizaron na aula serán recuperadas con outras actividades substitutivas de características semellantes; neste último caso, as actividades suporán o 70 % da cualificación final. O número de actividades, xunto coas datas de entrega, indicarase tras finalizar o 2.º cuadrimestre.

2. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA
ACADÉMICA

2.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio de curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e, ademais, se o número de actividades avaliábeis for inferior ao 50 %.


4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
4.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co docente da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos) e unhas "Actividades prácticas" (5 puntos) que lle foren encomendadas.

5. OUTRAS OBSERVACIÓNS
5.1. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non serán aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situaciones de discriminación por razón de xénero, serán propostas acciones e medidas concretas para corrixilas.

5.2. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" e no "Regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña". Así, o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

5.3. Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes