Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua española
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
As prácticas dos obradoiros realizaranse cun seguimento personalizado por parte do profesor.

Espérase que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas cos materiais empregados ou coas actividades, coa información ou cos conceptos desenvolvidos nas aulas.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, por tanto, recoméndase que nas titorías se revisen os exercicios e o exame final despois da avaliación.

As titorías poderán ser individuais ou en grupo. Poderanse levar a cabo persoalmente, mediante correo electrónico, foros do Campus Virtual, chamadas, videochamadas ou chat de Teams.

A atención a estudantes con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben na aula. Se é conveniente, adaptaranse as metodoloxías e deseñaranse actividades especiais.

O alumnado con dispensa académica ou con medidas de apoio á diversidade está especialmente invitado a empregar as titorías.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes